Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de maio de 2016 pola que se notifica a imposición dunha quinta multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente IU1/43/2012-E1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 19 de abril de 2016, resolución pola que se impón unha quinta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición de la legalidad urbanística 107B2006/091-0, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 22 de maio de 2007, na cal se ordena a demolición dunha vivenda, realizada sen autorización autonómica no lugar de Caroubáns, no termo municipal de Ames, por resultar incompatible co ordenamiento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a José Manuel Calvo Camiño, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día siguiente ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución o interesado pode interpoñer recurso de reposición, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 de la LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística