Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de traballo de campo e depuración da operación enquisa de movemento aeroportuario de Galicia, tramitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, mediante tramitación anticipada.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 5 de xaneiro de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: traballo de campo e depuración da operación «Enquisa de movemento aeroportuario de Galicia».

c) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 49.600,00 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13 de maio de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 19 de maio de 2016.

c) Adxudicatario: Centro de Atención de Llamadas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 33.356,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia