Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23387

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 27 de maio de 2016 pola que se fixan as tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada polo Servizo Galego de Saúde e se revisan os prezos dos concertos vixentes.

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servizos do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servizos á Comunidade Autónoma.

En relación cos contratos de xestión de servizos públicos cando o seu obxecto consista na prestación de servizos sanitarios, a normativa pola que se regulan non só é a contratación pública senón que lles resulta de aplicación a normativa sanitaria e, en concreto, a Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

No artigo 90.4 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, establécese que as administracións públicas, dentro do ámbito das súas competencias, fixarán os requisitos e as condicións mínimas, básicas e comúns, aplicables aos concertos e que as condicións económicas se establecerán a módulos de custos efectivos.

En atención a isto, a contratación, no ámbito do Servizo Galego de Saúde, de servizos de asistencia, axustarase ás modalidades de prestación que se establezan e na forma e condicións que se determinen.

Malia o contexto económico actual, segue sendo unha prioridade esencial para esta comunidade autónoma a prestación dos servizos públicos e, moi especialmente, no ámbito da saúde da cidadanía. Por iso, faise preciso ditar unha nova orde para, por razóns de interese público, suprimir as tarifas polos servizos de asistencia en réxime de hospitalización e asistencia ambulatoria por non ser de aplicación na actualidade e actualizar as condicións da diálise, e mantéñense nos mesmos termos o resto dos servizos, segundo a módulos de custos efectivos.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

ACORDO:

Artigo 1. Tarifas

Esta orde ten por obxecto fixar as tarifas máximas aplicables tanto ás autorizacións de uso temporais coma á asistencia sanitaria concertada e a revisión de prezos dos concertos vixentes para todos aqueles concertos que non teñan establecido no seu texto un sistema de actualización de prezos específico.

As tarifas máximas e a revisión de prezos que se aplicarán a partir da entrada en vigor desta orde serán as que se especifican a continuación:

1. Servizos especiais de diagnóstico e tratamento en centros hospitalarios e non hospitalarios.

1.1. Rehabilitación.

Tarifas máximas:

1. Por cada mes completo de tratamento en réxime de sesión diaria ..............................................

2. Por cada sesión deste tratamento .................................................................................................

Euros

85,91

3,43

1.2. Fisioterapia e logopedia.

Tarifas máximas:

1. Por cada mes completo de tratamento de fisioterapia ou logopedia en réxime de sesión diaria ..

2. Por cada sesión deste tratamento …………………………………………........................................

Euros

100,10

3,97

1.3. Rehabilitación para persoas paralíticas cerebrais.

Tarifas máximas:

1. Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia e neuropediatría ……………….........................

2. Por cada sesión deste tratamento ………………………………………...........................................

Euros

187,08

7,50

1.4. Hemodiálise por sesión.

Tarifas máximas por sesión de tratamento:

1. Nun club de diálise …………………………………………………………......................................

2. En centros satélites con persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde ...................................

3. En centro satélite con persoal sanitario da empresa concertada ..................................………..

4. No domicilio do/a paciente con máquina .................................…………………………………….

5. Diálise domiciliaria con máquina a través de club de diálise ...................................…………….

Euros

123,46

98,30

116,89

111,07

111,07

1.5. Hemodiálise por día.

Tarifas máximas por día de tratamento:

1. Diálise peritoneal ambulatoria continua (DPAC) ...........................…………………………............

2. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora ...................................…………………………………

3. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora baixo volume (< 15 l/día) .....................................….

4. Diálise peritoneal ambulatoria a través de club de diálise ....................................…………………

5. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático ......................................……………

Euros

39,47

66,95

53,75

38,21

47,16

1.6. Suplemento de diálise.

Tarifas máximas por sesión de tratamento:

Euros

1. Suplemento por dialización mediante concentrados de bicarbonato:

hemodiálise no domicilio do/a paciente con máquina .......................................................................

15,22

Resto de hemodiálise ........................................................................................................................

8,20

2. Suplemento por diálise peritoneal ambulatoria con solución de poliglicosa ..............................…

6,05

3. Suplemento por diálise peritoneal ambulatoria con solución de bicarbonato dentro dun sistema de dobre cámara ...............................................................................................………………………

11,61

As tarifas dos servizos de hemodiálise a domicilio, diálise peritoneal ambulatoria continua e diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático inclúen o imposto sobre o valor engadido. Tendo en conta o disposto no número dous do artigo 79 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto de valor engadido, que establece que cando unha mesma operación é por prezo único, se entreguen bens ou servizos de diversa natureza, a base impoñible correspondente a cada un deles determinarase en proporción ao valor de mercado dos bens entregados ou dos servizos prestados. Unha vez determinada a base impoñible procederase a aplicar o tipo impositivo correspondente a cada ben ou servizo.

Con independencia da tarifa fixada no número 1.4, punto 4, por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina, aboaráselle á empresa concertada a cantidade, de pagamento único, de 1.593,30 euros en concepto de gastos pola instalación dos aparellos e exclusivamente para aqueles/as pacientes que utilicen por primeira vez o tratamento de hemodiálise no seu domicilio.

Polos servizos de diálise peritoneal ambulatoria, prestados no domicilio do/a paciente a través dun club de diálise, o Servizo Galego de Saúde aboará, ademais da tarifa por sesión establecida no punto 1.5, en concepto de pagamento único pola formación, adestramento do/a paciente nas operacións previas á diálise, unha vez remitido o/a paciente logo da instalación do catéter polo centro de referencia, a cantidade de 286,80 euros, que se aboarán na facturación do mes seguinte ao do inicio do tratamento.

Así mesmo, na diálise domiciliaria realizada mediante un club de diálise, en concepto de seguimento clínico e controis analíticos rutineiros aboarase a cantidade de 3,04 euros por sesión.

1.7. Exploracións mediante Tac-Scanner.

Tarifas máximas por exploración:

Por cada exploración con ou sen contrastre ..............................................…………………………...

Euros

88,69

1.8. Exploracións mediante resonancia nuclear magnética.

Tarifas máximas por exploración:

Por cada estudo simple …...............................................………………………………………………..

Por cada estudo dobre .......................…………………………………….......................………………

Por cada estudo vascular ...............................................………………………………………………..

Complemento de anestesia ..............................................………………………………………………

Complemento de contraste ...............................................………………………………………………

Euros

165,12

238,52

238,52

91,73

48,92

1.9. Detección de doadores de órganos e tecidos. Este proceso comprenderá todas as probas e tratamentos precisos para a xeración de órganos e tecidos.

Doador efectivo .................................................................................................................................

Euros

6.147,78

2. Asistencia concertada por procesos médicos ou cirúrxicos.

2.1. Litotricia renal extracorpórea.

Tarifas máximas por tratamentos:

Litotricia renal extracorpórea.....................................................................

Euros

849,64

2.2. A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria poderá propoñer a concertación de procesos médicos e/ou cirúrxicos distintos aos sinalados nos puntos anteriores de forma individualizada aos centros privados xa concertados ou non. As condicións económicas e asistenciais quedarán fixadas con carácter previo e reflectiranse nos pregos ou requisitos de contratación.

2.3. A facturación por procesos médicos e cirúrxicos será incompatible coa facturación por estadías.

Artigo 2. Revisión de tarifas

1. As tarifas máximas das autorizacións de uso temporais a partir da data de entrada en vigor desta orde serán as incluídas nela. Non obstante, as tarifas das autorizacións de uso temporais vixentes no momento da entrada en vigor desta orde manteranse para o período autorizado.

2. Esta revisión de tarifas non será aplicable a aqueles concertos en que se prevexa unha cláusula de revisión distinta.

Artigo 3. Delegación

Delégase nas/nos xerentes das xerencias de Xestión Integradas do Servizo Galego de Saúde a competencia para o asinamento dos concertos individuais que sexan precisos de hemodiálise e diálise domiciliaria, sen que en ningún caso se poidan superar as tarifas fixadas nesta orde.

Artigo 4. Unidades de control

As unidades de control de concertos das estruturas de Xestión Integradas do Servizo Galego de Saúde velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e, en particular, das que se refiren ao tratamento adecuado dos/as pacientes da Seguridade Social.

Artigo 5. Impostos e taxas

Nas tarifas indicadas en todos e cada un dos números anteriores considéranse incluídos todos os impostos, taxas e demais cargas legais e, especificamente, o imposto sobre o valor engadido (IVE) dos servizos gravados con el.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para execución e desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde e a persoa titular da Dirección Xeral de Recursos Económicos para adoptaren as medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade