Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23177

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (225/2012).

PO. Procedemento ordinario 225/2012

Procedemento orixe sobre ordinario

Demandante: Jesús Silva Calvo

Demandados: Esabe Vigilancia, S.A., Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Forensic Solutions, S.L.P., Fogasa

Letrada: Carmen Vilas, Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 225/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Silva Calvo contra Esabe Vigilancia, S.A., Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Forensic Solutions, S.L.P., administrador concursal, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di así:

«Resolvo que debo estimar a demanda presentada por instancia de Jesús Silva Calvo, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A. (Forensic Solutions, S.L.P., administrador concursal da anterior) e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, e contra a entidade Vigilancia Integrada, S.A., representada e asistida pola letrada Sra. Vilas Pereira, sobre reclamación de cantidade, e, en consecuencia, condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 1.697,28 euros.

Condeno a Forensic Solutions, S.L.P., como administrador concursal da anterior, a aterse a esta declaración.

Debo absolver e absolvo a entidade Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza