En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación da contratación administrativa para a subministración e actualización tecnolóxica do software dos servidores, backoffice e postos de escritorio do Parlamento de Galicia.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior.
c) Obtención de documentación e información.
1º. Dependencia: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 642, fascículo 3, do 11 de maio de 2016, e na páxina www.parlamentodegalicia.gal).
2º. Dirección: rúa Hórreo, 63.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.
4º. Teléfono: 981 55 13 00.
5º. Telefax: 981 55 14 09.
6º. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal
7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.gal
8º. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
d) Número de expediente: STI-PA-1/2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración e actualización tecnolóxica do software dos servidores, backoffice e postos de escritorio.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución:
1º. Dirección: rúa Hórreo, 63.
2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.
e) Prazo de execución: ata 30 de abril de 2019.
f) Admisión de prórroga: non procede.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 48000000-8.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: prezo, de 0 a 100 puntos.
4. Valor estimado do contrato: 131.572,23 € (sen IVE).
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 43.857,41 €. Importe total: 53.067,47 €.
6. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.
c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía por importe do 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista.
Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación for festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.
2º. Dirección: rúa Hórreo, 63.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.
4º. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal
c) Admisión de variantes: non se admiten.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a terminación do prazo de presentación de ofertas.
9. Apertura das ofertas.
a) Descrición: Sesión pública, sobres B.
b) Dirección: rúa Hórreo, 63.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.
d) Data e hora: no día e na hora que oportunamente se comunicará aos licitadores e se publicará na páxina web do Parlamento de Galicia.
10. Gastos de publicidade: inserción do anuncio no DOG, por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas publicados no BOPG núm. 642, fascículo 3, do 11 de maio de 2016, e na páxina www.parlamentodegalicia.gal
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2016
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia