Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación do servizo de soporte de segundo nivel para o mantemento de ordenadores persoais, impresoras e outros periféricos.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4º. Teléfonos: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratación.subministracións.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás os sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-16-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de soporte de segundo nivel para mantemento de ordenadores persoais, impresoras e outros periféricos da Xerencia de Xestión Integrada Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50312000-5.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Proposta de prestación do servizo e metodoloxía de traballo que se vai utilizar: ata 50 puntos.

Oferta económica: ata 40 puntos.

Ampliación horaria/reforzo do servizo: ata 7 puntos.

Horas adicionais de actividade extraordinaria: ata 3 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 963.717,57 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 404.357,02 €; IVE: 84.914,98 €. Importe total: 489.272 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Otros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 27 de xuño de 2016.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) A data, a hora e o lugar de organización das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 18 de maio de 2016.

12. Outras informacións.

Ferrol, 18 de maio de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol