Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 18 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador LU-48/2014.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e ao ser posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da área provincial do IGVS, en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 18 de maio de 2016

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S. LU-48/2014.

Interesada: Estrugalicia, S.L.

Último enderezo conocido: avenida de Galicia, 77, entres., Vilalba.

Acto de notificación: resolución de caducidade do expediente sancionador.