Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de maio de 2016, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente por falta de pago 8/16.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno a xefatura da Área Provincial da Coruña do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 23 de maio de 2016

A xefa da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución do 2.5.2016)
Valeriano Rosales Escuredo
Xefe do Servizo Técnico da Coruña

ANEXO

Expediente: 8/16.

Interesada: Mª Cristina Gómez Centurión.

Acto notificado: requirimento de pagamento de débedas pendentes.