Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22415

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (871/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 871/2012 deste xulgado do social, seguido a instancia de Mercedes Betanzos Castro contra Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales 201, Limber Multiservicios, S.L., sobre Seguridade Social, se ditou a Sentenza 104/2016, do 14 de abril, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo

Desestimar a demanda formulada por Mercedes Betanzos Castro contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o INSS e a mercantil Limber Multiservicios, S.L., e absolver as demandadas de cantos pedimentos foron formulados na súa contra.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Limber Multiservicios, S.L., sobre Seguridade Social, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza