Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de maio de 2016 de notificación de período de proba no expediente PON/320/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o período de proba ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/320/2014-RP1, a Francisco Martínez Pérez, en relación coas obras de construción dunha edificación destinada a garaxe e dun cuberto no lugar de Canedo, no termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado está á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

De conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acordouse:

1. Declarar procedente a práctica da proba documental co fin de que os interesados dentro do período probatorio poidan achegar orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación:

– Certificado final de obra asinado polo director da execución de obra co visado oficial do colexio profesional.

– Licenza de primeira ocupación.

– Contratos de subministración de enerxía eléctrica, gas natural, abastecemento de auga, recollida de lixo e calquera outro que considere pertinente.

– Recibos de aboamento de subministración de enerxía eléctrica, gas natural, abastecemento de auga, recollida de lixo e calquera outro que considere pertinente.

– Calquera outro medio de proba válida en dereito que acredite de modo fidedigno a data da total finalización das obras.

2. Ter por incorporada a documentación achegada polos interesados consistente en factura de data do 15 de febreiro de 2006 de traballos de retirada e portes de entullos.

3. Abrir un período de proba durante o prazo de 20 días hábiles para a práctica das probas sinaladas nos puntos anteriores.

Para que conste e lle sirva de notificación do citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística