Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 4346/2014, interposto contra a Orde do 4 de xuño de 2014 pola que se aproba definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal de Baiona.

Para os efectos de cumprir o solicitado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección 2ª) na Providencia do 14 de abril de 2016, na cal se interesa o emprazamento dos propietarios das parcelas lindeiras co predio da parte demandante, no procedemento ordinario número 4346/2014, interposto polos herdeiros de Concepción Taboada del Río, S.A, esta secretaría xeral técnica acorda nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o emprazamento dos propietarios dos predios situados no edificio número 4 da rúa Virgen del Pilar e do edificio número 9 da rúa Ramón y Cajal, do concello de Baiona, para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica