Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2016 pola que se anuncia licitación para a contratación do servizo da unidade técnica para a prestación de servizos de arquitectura, enxeñaría e afíns (expediente 300/16).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es.

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga.

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 300/16.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: unidade técnica para a prestación de servizos de arquitectura, enxeñaría e afíns para a Universidade de Vigo.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Campus de Vigo.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Prazo de execución: dous anos a partir do 1 de outubro de 2016, ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior, prorrogable por dous anos máis por períodos anuais. A prórroga formalizarana de mutuo acordo ambas as dúas partes antes de que remate o período de vixencia inicial do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 71240000-2 (servizos de arquitectura, enxeñaría e planificación).

g) CPA: M 71.11.22 (servizos técnicos de arquitectura para proxectos de edificios non residenciais).

h) Código NUTS: ES114 Pontevedra.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento :aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 17 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 1.060.000 €.

5. Importe de licitación: 530.000 €. IVE aplicable: 111.300 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos puntos 12 e 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 14 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 28 de xuño de 2016, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, en tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas, Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente 2.400 euros.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19 de maio de 2016.

Vigo, 23 de maio de 2016

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo