Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22130

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública (expediente 6/2013.PERI).

Mediante Resolución da Alcaldía nº 682/2016, do 18 de marzo de 2016, aprobouse inicialmente o expediente 6/2013.PERI do Plan especial de reforma interior da UA 5, segundo proxecto técnico asinado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz con data de outubro de 2015.

Así mesmo, acordouse a suspensión do outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para a área de solo urbano delimitado como UA-5 que se está a aprobar, de conformidade co establecido no artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG) e que se concreta nos terreos lindeiros coas vías urbanas travesía de Arteixo, entre os números 290 e 300; Camiño dos Cabalos, entre os números 24 e 32; Fernando Casas Novoa, entre os números 13 e 17; Río Xallas número 28 ata alcanzar o Camiño dos Cabalos, e Arquitecto de Andrade desde o número 14 ata alcanzar os terreos incluídos na UA-8.

En virtude do disposto polo artigo 86.1.a) Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a presente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido (no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, e nas dependencias do Rexistro Xeral, os sábados das 9.30 ás 13.30 horas) e presentar alegacións se o consideran oportuno.

Arteixo, 29 de abril de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente