Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22135

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación da bandeira oficial deste concello.

O Pleno do Concello aprobou, na sesión do 28 de abril de 2016, a bandeira oficial. Sométese a información pública o expediente polo prazo dun mes de acordo co prescrito no artigo 16 do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, que aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.

Redondela, 9 de maio de 2016

Javier Bas Corugeira
Alcalde