Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22132

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de licitación do contrato de concesión do servizo público de abastecemento de auga potable.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Culleredo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Economía e Facenda.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Economía e Facenda-Contratación.

2º. Domicilio: rúa do Concello, 12.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15189.

4º. Teléfono: 981 67 77 77.

5º. Telefax: 981 67 76 46.

6º. Correo electrónico: contratacion@culleredo.org

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://sedeelectronica.culleredo.es/

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato: xestión do servizo público de abastecemento de auga potable.

a) Tipo: concesión servizo público.

b) Descrición: xestión do servizo público de abastecemento de auga potable.

Vocabulario común de contratos: CPV: 65111000-4; 65130000-3; 50000000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 14.3 do PCAP.

4. Canon mínimo de concesión: 50.000 euros.

5. Valor estimado do contrato: 6.700.260,82 euros.

6. Garantías exixidas:

Definitiva (%): 5 % do importe do canon ofertado máis o importe das obras que se comprometese a executar.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): a establecida na cláusula 7 do PCAP.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 20 días naturais a partir do seguinte ao da publicación do último anuncio (no BOP ou DOG).

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Concello de Culleredo.

2º. Domicilio: rúa do Concello, 12.

3º. Localidade e código postal: Culleredo (A Coruña) 15189.

9. Apertura de ofertas: publicarase no perfil do contratante do Concello de Culleredo.

10. Gastos de publicidade: 1.600 euros.

11. Lugar onde se poden obter copias da documentación:

http://sedeelectronica.culleredo.es/

Culleredo, 5 de maio de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución do 19.6.2015; BOP núm. 123, do 2 de xullo)
Marta María Iglesias Becerra
Concelleira delegada de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación