Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 10 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0033/15.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 10 de maio de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Ángel Crespo Omil.

Expediente: ES-P-0033/15.

Último domicilio coñecido: rúa Eduardo Pondal nº 8, 7º A, 36003 Pontevedra (Pontevedra).

Indicación do contido: notifícaselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0033/15 na que se propón unha sanción no seu grao mínimo de multa de 820 €, de acordo co disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 26 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar documentos ou xustificantes que coiden convenientes, no prazo de quince días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra (rúa Alcalde Hevia nº 7, 4º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.