Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21794

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2016 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión, para o exercicio 2016, á Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa).

De conformidade co previsto no artigo 9.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade dunha encomenda de xestión para o exercicio 2016 da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), coas seguintes características:

Actividade: traballos de acondicionamento da vertente leste do baleiro onde se sitúa o Xardín Literario e construción dunha porta de acceso á galería de servizos da Cidade da Cultura de Galicia. Os traballos supoñen unha limpeza de fachadas, traballos de cerrallaría, construción de muros e gabións, plantación de especies tras acondicionamento da obra e instalación de rega.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración segundo o dispoto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Prazo de vixencia: o prazo de execución será de quince (15) días desde o inicio das obras.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

Beatriz González Loroño
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia