BDNS (Identif.): CT899A
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e na páxina web da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (www.cidadedacultura.gal).
Primeiro. Persoas beneficiarias
1. Titulados de ciclos medios e de ciclos superiores de Formación Profesional e das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.
2. Titulados e diplomados de escolas de arte.
3. Licenciados e diplomados universitarios en Humanidades e/ou calquera outra rama artística.
4. Calquera outra persoa licenciada ou diplomada con vinculación no emprendemento cultural e que desexen desenvolver a súa actividade no Gaiás Cidade da Cultura de Galicia.
Segundo. Obxecto
Impulsar o desenvolvemento de novas ideas emprendedoras relacionadas coas industrias culturais e que queiran desenvolver a súa actividade no Gaiás Cidade da Cultura de Galicia: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, produtores, xestores culturais, programadores de aplicacións informáticas e de proxectos culturais na internet e calquera outra persoa con vinculación no emprendemento cultural.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 19 de febreiro de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras relativas á convocatoria 2016 do programa dos Premios Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco.
Cuarto. Importe
a) Tres premios en metálico dotados con dous mil euros (2.000,00 €) cada un [un premio por categoría e proxecto seleccionado].
b) Incorporación gratuíta durante doce meses ao espazo Cotraballo do Centro de Emprendemento Creativo de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da presente resolución e das súas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia (DOG), e permanecerá aberto ata o 8 de xullo de 2016.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2016
Beatriz González Loroño
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia