Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan as entidades interesadas para seren notificadas por comparecencia dos acordos de inicio do expediente de desistencia e indemnizatorio do procedemento de adxudicación da obra 32M26/15.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as entidades interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para comparecer se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal –Servizo de Xestión Forestal–, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos mencionados acordos de inicio do expediente de desistencia e indemnizatorio do procedemento de adxudicación da obra 32M26/15 e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento de adxudicación da obra 32M26/15.

Interesada: Adecon, S.L.

Acto de notificación: acordos de inicio de desistencia e indemnizatorio.

Último enderezo coñecido: r/ Mariña Española, 16, Lugo.

Expediente: procedemento de adxudicación da obra 32M26/15.

Interesada: Minero Conforex, S.L.

Acto de notificación: acordos de inicio de desistencia e indemnizatorio.

Último enderezo coñecido: Arrifana,10, Melón, Ourense.