Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 10 de maio de 2016 pola que se notifica o inicio da declaración de perda do dereito ao cobramento da anualidade de 2013 do proxecto de servizos xeolocalizados para a promoción do turismo en Galicia a través de múltiples dispositivos móbiles, correspondente ao expediente IN841C 2011/95, devolto polo servicio de Correos.

A Axencia Galega de Innovación, con data do 26 de febreiro de 2016, enviou unha notificación á empresa Innovaciones Tecnológicas e Investigación, S.A. co fin de comunicarlle o inicio da declaración de perda de dereito ao cobramento da anualidade de 2013 do proxecto de servizos xeolocalizados para a promoción do turismo en Galicia a través de múltiples dispositivos móbiles, código IN841C 2011/95, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos e o funcionario indicou «descoñecido». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o inicio da declaración de perda do dereito ao cobramento que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Núm. de expediente: IN841C 2011/95.

Título: servizos xeolocalizados para a promoción do turismo en Galicia a través de múltiples dispositivos móbiles.

Nome ou razón social: Innovaciones Tecnológicas e Investigación, S.A.

CIF/NIF: A32399099.

Tipo de axuda: apoio ao financiamento de proxectos individuais e colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT) de 2011 segundo a Orde do 20 de xullo de 2011 (DOG do 27 de xullo de 2011).

Contido do acto: inicio de declaración de perda do dereito de cobramento da anualidade de 2013 do expediente IN841C 2011/95.