Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos da Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositou a modificación dos estatutos da Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), que consiste na modificación dos estatutos no que afecta os seguintes artigos: 1, 2, 6, 7, segundo se indica na acta da asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o 1 de abril de 2016.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: empresas e empresarios de carpintaría de ribeira, construción e reparación naval e madeira.

– Asinantes: Ramón Collazo Mosquera (presidente) e José Abeijón Mayo (secretario).

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego