Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos da Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia (Aecalpo).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositou a modificación dos estatutos da Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia (Aecalpo), que consiste na modificación dos estatutos no que afecta os seguintes artigos: 1, 2, 7, 8, 10, 11, 13, 15, 16, 17, 18, 19, 21, 22, 24, 25, 26, 29, 30, 33, 37, 38, 42 e 44 segundo se indica na acta da asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o 13 de novembro de 2015.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: empresas que acrediten o exercicio das actividades empresariais do sector do cerramento exterior.

– Asinantes: Miguel Ángel Bernárdez Piñeiro (presidente) e Celso Bóveda González (secretario).

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego