Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21220

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 26 de maio de 2016 pola que se modifica o prazo de presentación de solicitudes previsto na Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, establece no artigo 5 que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Dada a elevada complexidade técnica e tamén organizativa e de planeamento que supón para unha entidade local afrontar a elaboración dunha estratexia de sustentabilidade ambiental dirixida á adaptación ao cambio climático, considérase oportuno ampliar o prazo máximo fixado para a presentación de solicitudes.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 27.30 do Estatuto de autonomía para Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do prazo da solicitude de axuda

Amplíase o prazo de presentación das solicitudes de axuda ata o 21 de xuño, incluído.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio