Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21197

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato dos servizos técnicos do auditorio municipal.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2015017113, ref. 2366.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación dos servizos técnicos do auditorio municipal.

c) CPV: 79952100-3.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: BOP, DOG e perfil do contratante.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 27.11.2015, 30.11.2015 e 25.11.2015.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 23 euros. IVE: 4,83 euros. Importe total: 27,83 euros/hora.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de abril de 2016.

b) Data de formalización: 3 de maio de 2016.

c) Contratista: Eulen, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 16,50 euros. IVE: 3,47 euros. Importe total: 19,97 euros/hora/técnico.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis vantaxosa, xa que é a que máis puntos obtivo na valoración da proposición económica e cumpre con todos os criterios dos pregos de condicións. Todo isto serve como motivación.

Ourense, 3 de maio de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde