Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2016/74-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS TRO702 al CS Lepanto 12.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 126 metros de lonxitude, con orixe e final no punto de acceso proxectado nº 1, sobre canalización existente, entroncando coa LMT TRO702, unha vez que entre e saia do centro de seccionamento situado na rúa Lepanto, 12, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra