Expediente: IN407A 2016/004-1.
Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: recuamento LMT MUO-806 Calvo-Esteiro.
Concello: Muros.
Feitos:
1. O 8 de xaneiro de 2016 a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 1 de marzo de 2016 e no BOP do 17 de febreiro de 2016.
3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. As características técnicas da instalación son as seguintes:
Desmantelamento da liña de media tensión aérea MUO-806, a 20 kV, cunha lonxitude de 555 m, con orixe no apoio nº 60-5-A-9 existente que se retirará da LMT MUO-806, onde se realiza a derivada ao CT particular Calvo (15PJF5), condutor tipo LA-30 mm2 (que se retirará), e final no apoio nº 60-5-A-13 da LMT MUO-806, correspondente ao pórtico que sustentaba o antigo CT intemperie, que foi substituído polo CT Somorto (expediente 159/2012).
Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 202 m, con orixe en celas de liña existente no CT Somorto (expediente 159/2012), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 60-5-A-13 da LMT MUO-806, onde está situado o seccionador tipo XS que protexe e corta a LMT ao CT particular Calvo (15PJF5).
O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 38.883,75 €.
7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado, resolvo:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se lle xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 4 de maio de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña