Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre un centro xestor de vehículos fóra de uso na avenida de Madrid, no concello de Vigo (Pontevedra), promovido por Desguaces Vigo Monroy, S.L. (clave 2016/0002).

De conformidade co artigo 47.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 3 de maio de 2016 sobre un centro xestor de vehículos fóra de uso na avenida de Madrid, no concello de Vigo (Pontevedra), promovido por Desguaces Vigo Monroy, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental