De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 4 de maio de 2016, do cambio de uso forestal a agrícola de varios predios rústicos na parroquia de Sabarei, concello do Corgo, promovido por Pablo Díaz Álvarez (clave 2015/0065).
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental