Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, de tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento, mantemento evolutivo e soporte dun sistema de información para a xestión das axudas plurianuais, ao abeiro das medidas 10.1 e 11 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (expediente 45/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 45/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de desenvolvemento, mantemento evolutivo e soporte dun sistema de información que permita a xestión de axudas plurianuais das medidas do PDR de Galicia de Agroambiente e Clima (10.1) e de Agricultura Ecolóxica (11) para o organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) da Consellería do Medio Rural.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 30 meses contados a partir do 1.7.2016. Se a data de formalización fose posterior a esta última, o prazo de execución de 30 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 355.371,8 €, máis 74.628,08 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 429.999,88 € (catrocentos vinte e nove mil novecentos noventa e nove euros con oitenta e oito céntimos), distribuíndose nas seguintes anualidades:

2016: 289.256,20 € + IVE (60.743,80 €) = 350.000,00 €.

2017: 33.057,80 € + IVE (6.942,14 €) = 39.999,94 €.

2018: 33.057,80 € + IVE (6.942,14 €) = 39.999,94 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27473

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 4.7.2016, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido na letra 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 25 de maio de 2016.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia