Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración do equipamento TIC para centros educativos no marco do proxecto Abalar, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 40/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 40/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración do equipamento TIC, para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do proxecto Abalar.

b) División por lotes e número: si.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de dous (2) meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.356.000 €, máis 284.760,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.640.760,00 € (un millón seiscentos corenta mil setecentos sesenta euros), que de distribúe nos seguintes lotes:

Lote 1: ordenadores ultraportátiles.

Mínimo de unidades: 2.500.

Prezo unitario máximo: 360,00 €.

Orzamento de licitación: 900.000,00 € + IVE (189.000,00 €) = 1.089.000,00 €.

Lote 2: ordenadores portátiles.

Mínimo de unidades: 300.

Prezo unitario máximo: 600,00 €.

Orzamento de licitación: 180.000,00 € + IVE (37.800,00 €) = 217.800,00 €.

Lote 3: vídeo proxector.

Mínimo de unidades: 200.

Prezo unitario máximo: 410,00 €.

Orzamento de licitación: 82.000,00 € + IVE (17.220,00 €) = 99.220,00 €.

Lote 4: encerado dixital interactivo (EDI/PDI).

Mínimo de unidades: 200.

Prezo unitario máximo: 720,00 €.

Orzamento de licitación: 144.000,00 € + IVE (30.240,00 €) = 174.240,00 €.

Lote 5: impresora.

Mínimo de unidades: 200.

Prezo unitario máximo: 250,00 €.

Orzamento de licitación: 50.000,00 € + IVE (10.500,00 €) = 60.500,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27468

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 4 de xullo de 2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 25.5.2016.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia