En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
DISPOÑO:
Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016
María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2016
Convenio |
Importe (€) |
Data sinatura |
Protocolo de adhesión do Concello de Forcarei ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración. |
Sen achega económica |
12.1.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento da Conferencia anual sobre sustentabilidade fiscal e demais actividades realizadas pola Rede de Investigadores sobre financiamento autonómico e descentralización fiscal en España (RIFDE). |
20.000 € |
15.2.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Agrupación de Asesorías de Empresas (Grupo ADADE) para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria. |
Sen achega económica |
1.3.2016 |
Protocolo de adhesión do Concello de Cee ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración. |
Sen achega económica |
2.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Federación Galega de Institucións para síndrome de Down Galicia para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. |
Sen achega económica |
7.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Federación Galega de Asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga plena inclusión Galicia), para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. |
Sen achega económica |
7.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello de Boiro en materia de recadación en vía executiva. |
Sen achega económica |
8.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello da Pobra do Caramiñal en materia de recadación en vía executiva. |
Sen achega económica |
30.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e Asesorlex, Asociación Profesional de Asesorías de Pymes, para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria. |
Sen achega económica |
12.4.2016 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Nacional de Tramitadores Administrativos e Profesionais (ANTAP) para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria. |
Sen achega económica |
12.4.2016 |