Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20875

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2016 de cesamento e nomeamento de membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo.

A Secretaría do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia enviou o 11.5.2016 un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade no que comunica o cesamento por petición propia de tres persoas membros dese comité e o nomeamento doutras catro persoas no seu lugar.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 21 de xaneiro de 2014, que se publicou no DOG núm. 22, do 3 de febreiro, concedeuse a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo, estableceuse a súa sede e nomeáronse como membros as persoas que se relacionaban no seu anexo.

Consideracións legais e técnicas.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, regula os comités territoriais de ética da investigación. No relativo á súa composición, o artigo 9.5 sinala que «os membros destes comités serán designados/as e nomeados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, garantindo en todo caso a representación equilibrada de homes e mulleres».

Pola súa banda, o número 6 do artigo 9 do citado Decreto 63/2013, do 11 de abril, dispón: «o nomeamento efectuarase por un período coincidente co de vixencia da acreditación do comité, aínda que poderá ser revogado ben por solicitude de baixa da persoa interesada, ben por se teren modificado as circunstancias que motivaron a súa designación de modo que supoña a perda dos requisitos para integrar o comité, ou por incumprimento notorio das súas funcións, a criterio do comité, e logo de audiencia do interesado».

Logo de ver o que se expuxo, e de acordo coa proposta que efectuou a Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Revogar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo, por solicitude delas, como membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo.

Así mesmo, nomear as persoas que se relacionan no anexo, coa finalidade de manter os requisitos para a acreditación dese comité.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Jesús Vázquez Almuiña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Revógase o nomeamento das seguintes persoas:

• Juan Enrique Domínguez Muñoz.

• Ana Estany Gestal.

• Andrea Gallego Valdeiglesia.

Noméanse as seguintes persoas:

• Guillermo Prada Ramallal, especialista en Farmacoloxía Clínica.

• Lorenzo Armenteros del Olmo, especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.

• Francisco Campos Pérez, doutor en Bioloxía.

• Daniel de la Iglesia García, especialista en Dixestivo.