Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20776

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 6 de maio de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución LD-02/2016 da mesma data pola que se convoca a provisión do posto de xefe/a da Unidade de Atención Primaria de Narón.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Ferrol,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, polo procedemento de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, sito na avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol, e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 6 de maio de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a da Unidade de Atención Primaria de Narón.

Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria de Narón, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

Procedemento de provisión: libre designación.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.