Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20774

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de maio de 2016 pola que se nomea como funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, o aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 9 de maio de 2014.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Orde do 9 de maio de 2016 (DOG núm. 91, do 13 de maio), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, o aspirante aprobado que se relaciona no anexo desta orde e adxudicarlle como destino provisional o que figura no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 18 de maio de 2016.

Para adquirir a condición de funcionario, a persoa a que se refire o anexo desta orde deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Acceso libre.

Núm.

Apelidos e nome

DNI

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Niv.

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Formación

1

Álvarez Asorey, Rubén Darío

34887427S

1

ED3020000215770028

ED

Xefatura da Sección de Arqueoloxía I

A1

25

D.X. do Patrimonio Cultural

S.X. de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Santiago de Compostela

Facultativo sección arqueoloxía R.I.