Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20768

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de maio de 2016 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, dos/das aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 28 de decembro), en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001 (DOG núm. 250, do 28 de decembro), en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003, de conformidade co establecido no procedemento de execución por Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de xullo de 2011, confirmado pola Sentenza do 19 de decembro de 2013, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, que foi aclarada polo Auto do 7 de marzo de 2014, esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, os/as aspirantes aprobados/as que se relacionan no anexo desta orde, ordenados/as de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 18 de maio de 2016.

Para adquiriren a condición de funcionarios/as, as persoas ás cales se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Acceso libre

Apelidos e nome

DNI

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro
de destino

Concello

Formación

Observac.

1

Bacariza Cortiñas, Santiago Xosé

33265925J

Excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público

2

López Brites, Patricia

44085952N

9

PXA291000036001021

PX

Inspector/a de turismo

A2

22

Axencia Turismo de Galicia (servizos periféricos)

Área Provincial de Pontevedra

Pontevedra

Permiso de conducir B (RI)

Horario especial

3

Losada Pulido, Miguel

44448108X

5

PXA291000032001009

PX

Inspector/a de turismo

A2

22

Axencia Turismo de Galicia (servizos periféricos)

Área Provincial de Ourense

Ourense

Permiso de conducir B (RI)

Horario especial

4

Lage Mosquera, Ana Carolina

44479934G

6

PXA291000032001012

PX

Inspector/a de turismo

A2

22

Axencia Turismo de Galicia (servizos periféricos)

Área Provincial de Ourense

Ourense

Permiso de conducir B (RI)

Horario especial

5

Roca Barral, Alberto

34897373W

1

PXA291000015001029

PX

Inspector/a de turismo

A2

22

Axencia Turismo de Galicia (servizos periféricos)

Área Provincial da Coruña

A Coruña

Permiso de conducir B (RI)

Horario especial

6

Silva Díaz, Manuel da

32635850T

3

PXA291000027001011

PX

Inspector/a de turismo

A2

22

Axencia Turismo de Galicia (servizos periféricos)

Área Provincial de Lugo

Lugo

Permiso de conducir B (RI)

Horario especial