Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Camariñas (expediente IN407A 2016/041-1).

Expediente: IN407A 2016/041-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación LMT DVL 806 novo CS Vilán.

Concello: Camariñas.

Características técnicas:

– LMTS (actuación nº 1) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,007 km, con orixe nos empalmes que se realizarán na LMTS DVL804, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en CS proxectado.

– LMTS (actuación nº 2) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,007 km, con orixe nos empalmes que se realizarán na LMTS DVL804, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en CS proxectado.

– LMTS (actuación nº 3) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,007 km, con orixe en empalmes que se realizarán na LMTS DVL806, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en CS proxectado.

– LMTS (actuación nº 4) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,018 km, con orixe no CS proxectado, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en CS Cabo Vilán-AIE (15PNT4).

– LMTS (actuación nº 5) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,010 km, con orixe no CS proxectado, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no CS Eólicos (15PNSO).

– LMTS (actuación nº 6) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,013 km, con orixe no CS proxectado, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al e final na LMTS a CT Faro Vilán (15XSL6).

– CS 6L, en edificio non prefabricado, con acoplamento de barras.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 11 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña