Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: aumento da sección LMTS SCV808-Políg. Ind. O Pereiro de Aguiar.
Situación: O Pereiro de Aguiar.
Características técnicas:
– LMT subterránea a 20 kV de 306 m, con condutor RHZ1 e con orixe no CT existente (32CV79) e remate na LMT SCV808.
– LMT subterránea a 20 kV de 33 m con condutor RHZ1 e con orixe no CT existente (32CX66) e remate no CT (32CV79).
Orzamento: 11.874,88 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 4 de maio de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense