Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20481

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 95, do 22 de maio), pola que se fixa a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Na sesión do 18 de maio de 2016 o tribunal nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016 (DOG núm. 74, do 19 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 18 de maio de 2015 (DOG número 95, do 22 de maio),

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 11 de xuño de 2016 e que o lugar de realización será a aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.30 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

José Miguel Rey Lama
Presidente do tribunal