Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016132PAOS-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 5 de abril de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2016132PAOS-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra A Nosa Botica, S.L., con CIF B36950434.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica a A Nosa Botica, S.L. o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 28 de abril de 2016

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016132PAOS-PO.

Denunciada: A Nosa Botica, S.L., con CIF B36950434.

Último enderezo coñecido: rúa Erizana, nº 7, 36300 Baiona (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto no Real decreto lexislativo 1/2015, do 24 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Real decreto 1591/2009, do 16 de outubro: artigo 27.1.d).

– Real decreto 1662/2000, do 29 de setembro: artigo 13.4.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como graves nos artigos 112.2.b) 11ª e 112.2.b) 14ª do Real decreto lexislativo 1/2015, do 24 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.

Sanción proposta: sesenta mil dous euros (60.002 €).