Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO por procedemento aberto para a adxudicación do servizo de limpeza de edificios municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de limpeza na casa do concello, colexio público, gardaría, pavillóns polideportivos do Cruceiro e do Viso, Edificio Terra do Queixo, casa da cultura e o edificio do centro socialcultural María Mariño.

b) Nomenclatura CPV-2008: 90911200-8.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Plazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento:

a) Orzamento máximo de licitación: 176.000 euros máis 36.960 (21 % IVE) = 212.960 euros.

b) Revisión de prezos: non procede.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: departamento de Secretaría do Concello e no perfil do contratante www.concellodearzua.com .

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00-981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se exixe.

8. Criterios de valoración:

I) Avaliables mediante xuízos de valor:

a) Plan de traballo específico e adaptado ao servizo: ata 25 puntos.

b) Melloras propostas: ata 20 puntos.

II) Avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas:

a) Oferta económica: ata 30 puntos.

b) Número de horas ao mes que se dedicarán ao servizo e que se consideran necesarias para a correcta execución deste: ata 25 puntos.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no último dos dous boletíns en que apareza (Diario Oficial de Galicia ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 11ª, nº 3, do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

10. Apertura das ofertas:

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do 3º día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse cunha antelación de, polo menos, dous días no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil do contratante nos termos sinalados na cláusula 14ª do prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.500 euros.

Arzúa, 19 de maio de 2016

José Luis García López
Alcalde