Por acordo da Xunta de Goberno Local, do 19 de maio de 2016, convócase oposición para seleccionar as tres persoas que serán contratadas a tempo parcial, de vinte horas semanais, como operarias de servizos varios, conforme as bases aprobadas na dita sesión, que se atopan á disposición dos interesados na páxina web do concello.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Arzúa, 19 de maio de 2016
José Luis García López
Alcalde