Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20348

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (752/2014).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 752/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel López Noya contra Obras y Reformas Sevein, S.L.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, Dirección Provincial da Coruña, sobre Seguridade Social, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Manuel López Noya, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e Obras y Reformas Sevein, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións contra estas articuladas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Obras y Reformas Sevein, S.L.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza