Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20345

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (799/2014).

DCT Divorcio contencioso 799/2014

Demandante: Esperanza Florentino Díaz

Procurador: Enrique Tovar López-Cuevillas

Avogado: Roi Antón Deaño Fernández

Demandado: Francisco Javier Fernández Seguín

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber:

Que neste xulgado se tramita divorcio contencioso número 799/2014, seguido por instancia de Esperanza Florentino Díaz, contra Francisco Javier Fernández Seguín, no cal se ditou sentenza cuxos encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza de divorcio

Sentenza 1482/2015

Maxistrada-xuíza Laura Guede Gallego

Ourense, 25 de novembro de 2015

Vistos os presentes autos 799/2014 sobre divorcio, promovidos polo procurador Sr. Tovar, en nome e representación de Esperanza Florentino Díaz, como demandante, asistida polo letrado Sr. Deaño fronte a Francisco Javier Fernández Seguín, declarado en rebeldía.

Decisión:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Esperanza Florentino Díaz e Francisco Javier Fernández Seguín, con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal. Deberase constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

E para que así conste e sirva de cédula de notificación para o demandado rebelde e en paradoiro descoñecido Francisco Javier Fernández Seguín, expido o presente edicto.

Ourense, 25 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza