Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural que modifica o acordo da zona de concentración parcelaria do Pereiro-As Oiras (Alfoz-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, na redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, notifícase ás persoas interesadas da relación adxunta a resolución ditada no expediente de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria do Pereiro-As Oiras (Alfoz), por seren devoltos polo servizo de Correos.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, 70, 1º baixo, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución administrativa citada e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio enviarase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Expediente: resolución.

Acto notificado:

Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 9 de febreiro de 2016, pola que se modifica o acordo da zona de concentración parcelaria do Pereiro-As Oiras (Alfoz).

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte á data de publicación desta notificación, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada contra ela, ante a conselleira do Medio Rural na forma prevista regulamentariamente.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Lugo, sito no Edificio Administrativo, rolda da Muralla, 70, 1º baixo, Lugo.

Modificación acordada:

Variar, tal e como se reflicte en planos, as leiras que se relacionan, que pasan a constar como segue:

Leira nº 496 (prop. 394), con 2.052 m² e 84.830,00 puntos.

Leira nº 497 (prop. 422), con 7.003 m2 e 134.255,00 puntos.

Leira nº 499 (prop. 169), con 2.577 m² e 140.280,00 puntos.

Leira nº 500 (prop. 355), con 13.132 m² e 429.690,00 puntos.

Leira nº 391 (prop. 154), con 2.734 m² e 208.625,00 puntos.

Leira nº 392 (prop. 285), con 1.146 m² e 88.125,00 puntos.

Ao mesmo tempo que se reflicte nos planos, a fosa séptica de 2×2 metros e o correspondente desaugadoiro de augas residuais (52 metros) da vivenda situada na leira nº 392 ata a fosa séptica situada na leira nº 391.

A localización do acceso público ao hórreo, de xeito que ambos os propietarios teñan acceso ás súas respectivas partes do citado hórreo –a cal se fai constar coas súas dimensións reais– sen que se produza alteración de superfice e valor da leira nº 325.

Lugo, 13 de maio de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de propietario

Apelidos e nome

89

Jesús Campos Gil

154

Benedictina Díaz Cabanas

169

José Mª Expósito Balseiro

248

Cándido Gil Cabanas

285

José Mª Orosa Fernández e outra

355

Julia Val López

394

Leónides Expósito Val e outros

422

Celina Casabella Eiroa e outros