Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2016/263-1).

Expediente: IN407A 2016/263-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC, RBT O Vilar-O Couto.

Concello: Narón.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT O Vilar-O Couto, a 15 kV, cunha lonxitude de 40 m, con orixe en empalmes para realizar na LMTS CRN-709, no tramo entre o CT Urbanización O Couto (expediente 109/99) e o CT A Gándara nº 1 (expediente 50330), condutor tipo RHZ1-12/20 kV-1×240 Al, e final no CT O Vilar-O Couto (proxectado).

– Centro de transformación prefabricado O Vilar-O Couto, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Rede de baixa tensión subterránea do CT O Vilar-O Couto (proxectado), cunha lonxitude de 289 m, con orixe no CTC O Vilar-O Couto (proxectado), condutor tipo XZ1.

– Liña de baixa tensión aérea do CT O Vilar-O Couto (proxectado), cunha lonxitude de 823 m (9 apoios proxectados), con orixe nas conexións coas saídas da RBTS proxectadas, condutores tipo RZ e apoios de formigón.

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 15 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/263-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC, RBT O Vilar-O Couto.

Concello: Narón.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Afección CT

Núm.

m2

1

Lugar do Vilar

Prado

Hros. José Rioboo Tenreiro

Centro transformación Caseta

38,0