Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20196

III. Outras disposicións

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

Para os efectos previstos no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, resólvese dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016, que se relacionan:

Título: convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Obxecto: a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Cixtec, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes del; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e de organización de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins das dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

Sinatura: 4 de xaneiro de 2016.

Importe: 0 €.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable