De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra:
«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.
Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na avenida Fernández Ladreda, nº 43, Pontevedra.
Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro, como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.
Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e darase así por concluído o expediente.
No mesmo prazo poderá solicitar na súa delegación do Ministerio de Economía e Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».
Pontevedra, 26 de abril de 2016
César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado: Ezzaari Belhad, Achraf.
NIF: 77544099J.
Importe: 260 euros.
Curso: 2013/14.
Causa: 1.10.
Interesado: Álvarez Martínez, Rafael.
NIF: 39451613N.
Importe: 260 euros.
Curso: 2013/14.
Causa: 1.10.
Interesada: Fontán Dasilva, Sara María.
NIF: 77478319J.
Importe: 2.517,08 euros.
Curso: 2013/14.
Causa: 1.1.
Interesado: De Almeida Oliveira, Glender Ewert.
NIE: Y2773345L.
Importe: 2.418,15 euros.
Curso: 2013/14.
Causa: 1.10.
Interesada: Míguez Corrales, Xenia.
NIF: 47449449N.
Importe: 2.289,05 euros.
Curso: 2013/14.
Causa: 1.10.
Interesada: Llovera Lima, Carlota.
NIF: 39456208F.
Importe: 2.288,69 euros.
Curso: 2014/15.
Causa: 1.1.