Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016067AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 13 de abril de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2016067AL-CO incoado a Mari Luz Fernández Pérez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Mari Luz Fernández Pérez o contido de dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 29 de abril de 2016

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2016067AL-CO.

Interesada: Mari Luz Fernández Pérez (Cervecería 1008).

DNI/NIF/CIF: 32659774G.

Último enderezo coñecido: praza Ferrandiz, 23, 15403 Ferrol.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO núm. 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO núm. 204, do 4 agosto de 2007).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta:150 €.