Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19991

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación do contrato dos servizos de limpeza de edificios públicos.

Aprobado mediante Decreto da Alcaldía do 27 de abril de 2016 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación do servizo de limpeza de edificios públicos no concello da Guarda, expóñense ao público durante oito (8) días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resulta necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

– Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda; praza do Reló, s/n, 36780.

Teléfono: 986 61 00 00, fax: 986 61 02 83.

Correo electrónico: alcaldia@aguarda.es

– Obxecto do contrato.

Servizo de limpeza de edificios públicos no concello da Guarda.

– Duración.

Dous (2) anos prorrogables outro ano máis.

Tipo de licitación.

75.000 euros anuais. Setenta e cinco mil euros (IVE incluído), respecto do que se admiten baixas.

– Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

– Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.

– Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, excepto sábados e festivos, e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

– Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP ou no DOG, na forma sinalada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día do prazo de presentación de ofertas é inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

– Apertura de proposicións.

Ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá, en acto privado, á apertura dos sobres coa documentación xeral adminitrativa (sobre A).

Ás 10.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá, en acto público, á apertura do sobre B.

– Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

A Guarda, 27 de abril de 2016

Antonio Lomba Baz
Alcalde