Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 16/2014.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde laboral), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaria Xeral de Emprego no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 11 de maio de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Empresa

Enderezo

NIF

Expediente

Preceptos

Data da resolución

Infrinxidos

Sancionadores

Limpiezas Lucus, S.L.

Rolda da Muralla, nº 188, entrechán, Lugo

B27395896

16/2014

Artigos 14.1, 14.2, 14.3 e 15.1a), f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigos 4.2.1 e 4.2.2 da disposición cuarta do anexo II do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para o emprego por parte dos traballadores dos equipamentos de traballo.

Artigo 12.16.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

11 de abril de 2016